Thursday 09 de May de 2024

Axenda do 10 ao 12 de marzo de 2023 en Narón


Venres 10 de marzo de 2023

Actividade: Conferencia “Saúde mental na paternidade/maternidade”
Hora: 19.30
Lugar: Centro Cívico Social do Alto

A matrona Isaura González e a psicóloga Pilar Carballeira impartirán esta charla, enmarcada no ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas”. A proposta forma parte do programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Actividade: Monólogo “Señora de rojo sobre fondo gris”
Hora: 20.30
Lugar: Pazo da Cultura

O “VIII Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular” trae a Narón este monólogo da compañía Pentación Espectáculos e protagonizado por José Sacristán. O actor dará vida a un pintor que está inmerso nunha crise creativa trala morte imprevista da súa muller. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Actividade: Cea das Mulleres
Hora: 21.30
Lugar: Casa Becerra

Máis dun centenar de mulleres asistirán mañá á Cea das Mulleres organizada polo Concello con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

Sábado 11 de marzo de 2023

Actividade: “I Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage”
Hora: 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30
Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este evento, no que participarán unha trintena de expositores que porán á venda artículos como cerámica, lámpadas, radios, gramófonos, moedas, selos e outros obxectos decorativos. A entrada é de balde.

Actividade: Contacontos: “E ti, que queres ser de maior?”
Hora: 11.00
Lugar: Biblioteca municipal

A compañía Trémola Teatro trae a Narón este acto, enmarcado no programa do 8 de Marzo e que consiste nunha proposta para público familiar e infantil na que se reflexiona sobre os prexuízos e estereotipos relacionados coas profesións. A actividade require inscrición previa.

Actividade: Monólogo: “Christiane”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura

A actriz arxentina Belén Pasqualini é a protagonista desta peza, un bio musical científico sobre a vida dunha figura recoñecida a nivel internacional, Christiane Pasqualini, na investigación sobre a leucemia. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 12 de marzo de 2023

Actividade: “I Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage”
Hora: 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30
Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

Actividade: Monólogo: “U-la lúa?”
Hora: 18.00
Lugar: Pazo da Cultura

O “VIII Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular” inclúe esta proposta para público familiar e infantil. A compañía A Xanela do Maxín é a encargada desta peza, dirixida e interpretada por Celtia Filgueiras. Conta unha historia sobre a igualdade onde a violencia non ten cabida e que protagoniza unha gatiña chamada Lúa. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.